Desde María Pita destacan tamén a predisposición da empresa que as fabricou, Paraguas Carballo, para axilizar o proceso de fabricación dos elementos de protección, que repartirán entre as distintas entidades sociais
O concello agradécelle ao youtuber coruñés Ismael Prego (Wismichu) a doazón de 1200 máscaras reutilizables para repartir entre a veciñanza e valora positivamente tamén a disposición da firma Paraguas Carballo por axilizar a súa fabricación. Desde María Pita organizarán o repartimento destes
elementos de protección entre as distintas entidades sociais da cidade.
As máscaras teñen dúas capas de tecido 100% algodón hidrófugo, con acabado de parafina. Wismichu contactou cos servizos municipais antes de se iniciar o proceso
e elaboración e contou co compromiso da firma para darlle prioridade ao pedido co fin de entregalas no menor tempo posible. Estas cumpren a especificación UNE 065 2020 e soportan un mínimo de 10 lavados. O lote inclúe distintos tamaños para as persoas adultas e unhas de talle mediano aptas para que as usen as nenas e nenos e as/os adolescentes.