Friday 22 de November de 2024

Efectivos da Garda Civil e Policía Local continúan a busca dun touro de lidia pola parroquia de Bastavales (Brión)


Efectivos do servizo de emerxencias supramunicipal extinguiron dous lumes urbanos en Ames
Efectivos da Policía Local de Brión e Garda Civil, axudados nalgúns momentos por persoal do grupo de emerxencias supramunicipal de Brión e membros da familia propietaria, buscan dende as 6:00 horas de hoxe un touro de lidia de grandes dimensión pola parroquia de Bastavales. O animal, que estaba na finca privada onde se levantaba a desaparecida fábrica de madeira de Bastavales, desapareceu ás 3:00 da maña e tres horas despois chegou a alerta do 112 Galicia.
Veciños da parroquia informaron telefonicamente de telo visto preto do río Sar, nas inmediacións da localidade de Vidaloiso, se ben isto non puido ser confirmado, xa que o equipo desprazado ao lugar non foi aínda quen de dar con el. Dende o Concello agradecen toda a colaboración e información que poidan prestar os veciños e veciñas, ao tempo que recomendan máxima precaución e que eviten achegarse ao animal e tampouco facer movementos bruscos.
Lumes
Por outra banda, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión tivo que deixar os labores de busca durante a mañá debido á súa intervención en dous lumes urbanos no veciño municipio de Ames, que se saldaron con danos materiais. O máis importante tivo lugar ás 12:30 horas nun alpendre con herba seca no lugar de Arufe, na parroquia de Agrón. O lume saldouse coa queima dunhas duascentas alpacas. O persoal do GES de Brión tivo que retirar todas as alpacas da zona para extinguir o lume e refrixerar ben.
E, a primeira hora da tarde, tivo lugar un conato de incendio de monte raso no centro do Milladoiro, a carón do Supercor. Un lume que se atallou a tempo e non provocou danos. realizar unha actuación de auxilio esta tarde nun accidente de tráfico que tivo lugar na estrada AC-300 Os Ánxeles-A Picaraña, á altura da parroquia de San Salvador (Brión). Un sinistro no que resultou ferida leve a condutora do vehículo, que colisionou cunha vivenda e unha luminaria pública da zona.