Reanudación das actividades públicas da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar. A Orixe, interrompidas uns meses pola situación xeral do país.
Este venres, 26 de xuño de 2020, ás 20:00 h, terá lugar o acto inaugural da exposición titulada “AS PEGADAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO DO BARBANZA E SAR”, no marco do auditorio municipal de Rianxo. Trátase dunha mostra divulgativa e de carácter itinerante, interesada en dar a coñece-lo ronsel do patrimonio cultural, histórico e artístico presente no itinerario terrestre deste camiño xacobeo, en proceso de recuperación e posta en valor, por iniciativa desta entidade asociativa: Amigos do Camiño.
Autoría das imaxes: Adolfo Enríquez, fotógrafo do Barbanza, galardoado con numerosos premios dos ámbitos nacional como internacional, profesional con ampla experiencia na promoción exterior de Galicia a través de traballos editoriais e expositivos, etcétera.
Comisario da exposición: Antonio González Millán, documentalísta dos contidos da mostra que inauguramos, xestor cultural, autor de proxectos de desenvolvemento e dinamización nos ámbitos galego e nacional, profesional con experiencia na promoción da cultura do Barbanza e Galicia a través de publicacións, relatorios, colaboracións de prensa, etcétera.
PROMOVE: Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar. A ORIXE
PATROCINA: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Turismo, proxecto O TEU XACOBEO
COLABORA: Concello de Rianxo
Intervencións:
Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo
Manuel Mariño Nin, presidente da Asoc. AA. do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe
Antonio González Millán, comisario da exposición