Friday 22 de November de 2024

Camariñas finaliza a campaña de trampeo con preto de 10.000 raíñas de velutina atrapadas


Agora é o momento de retirar os niños que se formen, para o que se se debe chamar ao 112 en canto se detecten.

O Concello de Camariñas dá por finalizada a campaña de trampeo para loitar contra a vespa velutina, que este ano se iniciou no mes de febreiro e non se detivo durante o Estado de Alarma. Os datos obtidos dan unha cifra moi similar á do ano pasado, con preto de 10.000 raíñas capturadas.
Decidiuse rematar a campaña de trampeo xa que nos últimos días as trampas, de índole caseira, non estaban a capturar só raíñas se non que aparecían outros insectos polo que non tiña sentido continuar. Agora é o momento de eliminar os niños que se formen, para o que se debe chamar ao 112 en canto se detecten e a Xunta encargarase de retiralos a través do convenio para loitar contra a velutina ao que se adheriu o Concello.
Desde o Concello de Camariñas lembran que “o trampeo segue a ser esencial xa que elimina a raíña e reduce a formación de futuros niños”.