As celebracións en terreo público non están autorizadas para evitar novos contaxios de coronavirus, e as que se realicen en domicilios privados deben seguir as normas que establece a nova normalidade
Un total de 76 persoas presenaron declaración responsables para facer unha cacharela no seu domicilio privado e celebrar a noite de San Xoán no Concello de Padrón. Este ano esta festa tan arraigada na tradición de Galicia ten que plantexarse de xeito moi distinto ao habitual como consecuencia da situación xerada pola Covid-19. En base ao dictado polas autoridades sanitarias, non están permitidas as cacharelas en terreos de dominio público, e por iso a única opción é facer unha celebración privada. Se ben, todas as persoas que elixan esta opción e queiran tamén facer unha cacharela están obrigados a presentar unha comunicación previa de actividade recreativa conforme ao artigo 24 da Lei 9/2013 do 19 de decembro.
O equipo de seguridade municipal, que conforman o GES, Protección Civil e a Polícia Local, intensificará o seu traballo ao longo desta noite para dar unha rápida resposta a todos os incidentes que se poidan dar, e para evitar cacharelas non autorizadas. O titular de Festexos sinalou que “todos os equipos de emerxencias e de seguridade traballarán coordinados esta noite co obxectivo de garantir a seguridade da veciñanza”.
Ás medidas de seguridade habituais para que as cacharelas non se descontrolen nin produzan danos hai, este ano hai que sumar todas as restriccións propias da normativa que regula a nova normalidade en Galicia.