Supón un investimento de máis de 135.000 euros
O Concello de Riveira informa da adxudicación dunha nova actuación dirixida á instalación dun pozo de bombeo e unha rede de saneamento no lugar coñecido como Aldea Frións, na parroquia de Carreira.
A empresa Construcciones Oñial, S.L., resultou a empresa adxudicataria, por un importe de 135.420,80 euros. O prazo de execución son tres meses.
O proxecto que se vai executar ten o propósito de conseguir unha adecuada condución das augas residuais que se verten neste núcleo e a súa conexión coa rede de colectores primarios. Neste senso, instalaranse 232 metros de tubaxe en PVC SN4 de 315 milímetros de diámetro e outros 118 de PVC SN4 de 250 milímetros.
Ademais, construirase un bombeo de formigón de 2,5 metros de diámetro e 3 metros de profundidade para aloxar dúas bombas de 3,1 litros/segundo de caudal, cunha impulsión de 150 metros de tubaxe de polietileno de 110 milímetros de diámetro.
25 vivendas afectadas
Ademais, realizaranse os enganches das vivendas existentes (un total de 25) á rede instalada.