O Concello de Frades vén de homenaxear á súa veciña Asunción López Oubel, da parroquia de Vitre, con motivo do seu 101 aniversario. A concelleira de Servizos Sociais, Ángeles Álvarez; e o concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro, desprazáronse ata a vivenda de Asunción para entregarlle unha manta de sofá co seu nome e un ramo de flores.
Os concelleiros compartiron un tempo coa homenaxeada e a súa familia. Asunción López Oubel naceu o 17 de xuño de 1919 no veciño municipio de Mesía. Traballou como labrega case toda a súa vida, pois quedou orfa de pai e nai moi nova. Cando casou desprazouse a Vitre onde, tras a morte do seu marido, segue vivindo cun dos seus 2 fillos e coa súa filla na casa do lado. Ten 3 netas e 2 netos, así como varios bisnetos/as.