Un grupo duns trinta afeccionados ao sendeirismo percorreron o pasado sábado, 20 de xuño, a ‘Ruta dos tres ríos’ no Concello de Touro. Procedentes de toda Galicia, ainda que a maioría da zona do Barbanza, este grupo de amantes da natureza, da man de Galicia Senderismo, percorreron durante toda a mañán as paraxes da natureza que ofrece esta ruta e algún percorrido máis ubicados no Concello de Touro. Recorreron, nunha xornada axeitada para o sendeirismo e gardando as medidas de seguridade aconselladas polas autoridades sanitarias, un total de vinte quilómetros. A camiñada foi de dificultade media. Os excursionistas a pé e os organizadores da camiñada destacaron a fermosura desta ruta, a frondosa natureza e o limpo e coidado que estaba o percorrido.