Saturday 28 de September de 2024

Medio Ambiente solicita a colaboración cidadá para a limpeza das súas parcelas


 

A concelleira Esther Fontán recorda a necesidade de mantelas en bo estado para evitar os incencios durante este verán

A Concellería de Medio Ambiente solicita a colaboración cidadá para que realice os labores de limpeza de maleza nas súas parcelas e zonas verdes. A edila Esther Fontán recorda a necesidade de mantelas en bo estado co fin de evitar que se produzan incendios: “Moitas veciñas e veciños están recibindo estes días comunicacións do concello para que cooperen e extremen as precaucións no uso das súas leiras”.
Recorda que o mantemento non se refire únicamente á poda e ao roce dos terreos dos que son propietarias/os, senón que tamén atende a evitar a acumulación de residuos, neumáticos ou calquera elemento que poida provocar un lume. Neste aspecto, lembrou o convenio que existe coa Xunta de Galicia para solicitaren os traballos de limpeza a un prezo máis asequible. Fontán agradeceu o alto grao de colaboración da veciñanza tanto o ano pasado como nesta tempada.