A empresa encargada de realizar o estudo do inmoble levará a cabo na xornada de hoxe un rexistro fotogramétrico nel de cara á solicitude como Ben de Interese Cultural (BIC)
A empresa Tomos, encargada de realizar o estudo e o pertinente expediente de cara a conseguir a declaración da Casa Cornide como Ben de Interese Cultural (BIC), ten previsto realizar hoxe a partir das 09.00 horas un rexistro fotogramétrico do inmoble, para o que utilizarán un elevador. A investigación está encabezada polo historiador de arte da Universidade, Vigo Trasancos, que é o responsable de elaborar o informe sobre a construción co fin de solicitar esta distinción a Patrimonio.
Este labor programado con anterioridade, pero que se tivo que suspender polo estado de alarma, suporá a reanudación do traballo das diferentes comisións co fin de cumprir os obxectivos marcados na última reunión do Consello da Memoria
Democrática. As primeiras conclusións do experto apuntan a que a Casa Cornide debería estar xa declarada BIC e con esa finalidade, está realizando un estudo desde novembro en que ditaminará os valores artísticos que fan que esta estrutura sexa única.