A actividade dos artesáns e artesás retomouse este martes 16 de xuño no Castelo da localidade.
O Concello de Vimianzo retoma esta fin de semana a actividade artesá tras decretarse o pasado 14 de marzo o estado de alarma. Así, o Castelo da localidade abre novamente as súas portas para esta finalidade.
Faino, ademais, en horario de verán, polo que a actividade da Mostra de Artesanía ao Vivo poderá verse por completo de martes a domingo de 10:30 a 14 horas pola mañá, e de 16:00 a 20:30 horas pola tarde.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo destacar ‘a boa nova que supón que o Castelo abrise as portas xa hai un par de semanas, e aínda máis que o faga para acoller a artesáns e artesás; significado este de que a actividade comeza gradualmente a acadar esa tan ansiada normalidade’, sinalaba a rexedora.
Desde o Concello de Vimianzo insístese, con todo, en seguir as recomendacións en todo momento para que a seguridade das persoas que visiten esta xoia vimiancesa sexa total. A capacidade máxima de cada sala estará marcada mediante indicadores, o itinerario será de sentido único e será obligatorio o uso de máscara sanitaria. Haberá á disposicón dos visitantes solución hidroalcólica na entrada.