Friday 22 de November de 2024

O Concello non permitirá realizar as fogueiras de San Juan en espazos públicos


Non fará falta obter autorización para facelas en zonas privadas.
O Concello de Cariño emitiu un bando para regular a celebración de San Juan deste ano, que será atípica debido ás medidas recomendadas polas autoridades sanitarias para loitar contra o coronavirus. Seguindo estas indicacións o goberno local ha decidido que non se permitirá realizar as fogueiras en espazos públicos como vías, prazas, praias, zonas verdes…
Os particulares poderán acender as tradicionais ‘ lumaradas’ en zonas privadas pero deberán coidar os arredores para evitar a propagación do lume. Tamén se prohibe iniciar ou avivar o lume con substancias inflamables e a queima de pneumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites, mobles e calquera outro tipo de elemento que, ao arder, desprenda fume tóxico. Os veciños e veciñas deberán asegurarse de que, nun radio de 25 metros como mínimo, non existen locais que conteñan produtos inflamables.
O alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, pediu “responsabilidade individual” a todos os veciños e veciñas do municipio “tanto no cumprimento das normas para evitar a propagación do lume como nas medidas sanitarias de distanciamento social, uso de máscaras e hixiene de mans que xa incorporamos
aos nosos hábitos diarios”.