O Concello de Noia informa de que durante os días 23 e 24 de xuño estará permitida a venda de flores de temporada, “Flores de San Xoán”, a aquelas persoas que o soliciten e lles sexa outorgada a correspondente autorización. O prazo de presentación de solicitudes ábrese hoxe venres e finaliza o luns 22 de xuño a través dunha instancia xeral e previo pago da taxa correspondente pola ocupación previa á ocupación da vía pública. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro de Entrada do Concello, en horario de 9:00 a 13:30 horas, ou a través da sede electrónica: noia.sedelectronica.gal.
Os puntos de venda emprazaranse na rúa do Curro e as persoas vendedoras deberán aplicar e respectar as normas de seguridade de obrigado cumprimento por mor da Covid-19, que lles serán lembradas polo funcionario designado ao efecto polo Concello de Noia.