Friday 22 de November de 2024

O Concello aborda coa Delegación do Goberno a situación de inseguridade cidadá dun edificio en Palavea


En innumerables ocasións, Benestar Social acudiu ao lugar co persoal técnico municipal para identificar o estado das persoas que viven alí en situación de vulnerabilidade e xestionar as axudas que precisaren, pero estas foron rexeitadas na maioría dos casos

O Concello da Coruña coordina coa Delegación do Goberno as actuacións ante o problema de seguridade cidadá identificado nun edificio de Palavea, aínda non rematado, que xa se detectou durante o pasado mandato e que ata o momento non se lle deu solución.
O Goberno municipal entende que existe un problema grave de convivencia neste barrio, polo que o pasado martes a Xunta local de Seguridade abordou xunto coa Subdelegación do Goberno esta problemática en específico.
En innumerables ocasións, Benestar Social acudiu co persoal técnico municipal para identificar o estado das persoas que viven alí en situación de vulnerabilidade e xestionar as axudas que precisaren, pero estas foron rexeitadas na maioría dos casos.
O Concello enviou un escrito ao Xulgado de Primeira Instancia que tramita as execucións hipotecarias e ao Xulgado de Instrución encargado das dilixencias en relación con comisión de feitos delitivos, co obxectivo de que a administración xudicial axilice a execución hipotecaria deste inmoble por parte da Sareb (Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria).