O alcalde, Walter Pardo, emitirá un bando comunicando esta decisión.
O Concello de Malpica non permitirá a organización delumeiradas en espazos públicos para a festividade de San Xoán. O alcalde, Walter Pardo, emitirá esta orde mediante un bando para toda a veciñanza. ‘É unha decisión moi meditada. A pandemia provocada pola COVID-19 fixo modificar moitos dos nosos hábitos, costumes e tamén modo de festexar. O San Xoán do 2020 verase afectado por isto, pero confiamos no bo facer da veciñanza. Teremos que buscar alternativas para darlle a benvida ao verán’, incidiu o rexedor.
Desde o Concello comunican que estarán permitidas en espazos privados, atendendo a unha serie de recomendacións: É obriga por parte dos promotores adecentar o terreo antes de realizar as queimas, xa que podería verse comprometido o estado do terreo; non está permitido facer lume preto de masa forestal, cunha distancia mínima de 50 metros; non está permitido realizar unha fogueira, barbacoa, lumeirada, cachela e derivados a menos de 20 metros de calqueira edificio, casa, elementos de tendido eléctrico e demais elementos susceptibles de prender con facilidade; os promotores deberán organizar esta actividade contando cos elementos de seguridade e extinción pertinentes e a lumeirada, cachela, barbacoa e derivados non poderá exceder, en ningún caso, os tres metros de alto.