Friday 22 de November de 2024

O Concello Camariñas instalará dispensadores de xel hidroalcohólico en todos os parques infantís


Continuarán colocándose en todos os parques antes da súa reapertura.
O Concello de Camariñas está a instalar dispensadores de xel hidroalcohólico en todos os parques infantís do municipio. O goberno local prevé reabrir estes espazos nos próximos días e está a preparar o protocolo para que a reapertura se leve a cabo dun xeito seguro.
Os dispensadores, que foron elaborados pola empresa Gerca ubicada na comarca da Costa da Morte e adquiridos en Martínez y Villar SC, continuarán colocándose en todos os parques antes da reapertura e permitiran que tanto os nenos e nenas que fagan uso dos parques como os seus pais e nais poidan realizar un frecuente lavado de mans.