Saturday 23 de November de 2024

Éxito da primeira edición da Andaina Histórica, que se repetirá este domingo 21 de xuño


 

Máis de 30 veciñas e veciños participaron o pasado domingo na Andaina Histórica. Este roteiro circular levou a todas as persoas asistentes a un percorrido polas parroquias de Gastrar, Vigo e Loureda seguindo os acontecementos históricos reflexados no libro Unha matanza esquecida, de Severino Fernández Abal (veciño de Gastrar) con comentarios do autor.
A convocatoria suscitou o interese da veciñanza e rexistrou un grande éxito de convocatoria. Tanto foi así que se organiza unha nova edición desta Andaina Histórica para este domingo 21 de xuño. Para desenvolver esta actividade requírese grupo mínimo. As persoas interesadas deberán formalizar a súa
reserva na Librería Lino (981 502 296) ou no Concello de Boqueixón (981 513 115).
O percorrido esténdese 12 quilómetros e durará arredor de 3 horas. Ao igual que na primeira edición desta actividade, o punto de saída e de chegada será Viveiros Gastrar. A sesión dará comezo ás 09.00 horas.