Saturday 16 de November de 2024

A brigada de obras de Noia acomete melloras nas beirarrúas da alameda e do casco histórico


A brigada de obras do Concello de Noia está a acometer estes días actuacións de conservación e mellora nas beirarrúas da Alameda e do casco histórico do municipio. “Son pequenas actuacións en lugares de moito tránsito peonil e que melloran a seguridade viaria dos peóns”, explica o concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón. Estas obras desenvólvense de xeito paralelo ás de limpeza e roza nas parroquias do rural, iniciadas a principios de mes.