Friday 22 de November de 2024

O Concello de Padrón anula a Feira Medieval prevista para principios de xullo


 

A Festa do Santiaguiño aínda está pendente de confirmación, se ben o equipo de gobernó quere explorar todas as opcións para reformular a celebración en base as medidas de seguridade establecidas para a nova normalidade

O Concello de Padrón decidiu anular a Feira Medieval de Padrón co obxectivo de garantir a seguridade da veciñanza. Dada a situación de emerxencia social xerada pola Covid-19, e tendo en conta as medidas de seguridade que articulan a nova normalidade, o equipo de Goberno viuse na obrigación de anular
esta festa na que se xeran grandes aglomeracións e na que, por tanto, é imposible controlar as medidas sanitarias de distanciamento social.
A celebración da Feira Medieval de Padrón estaba prevista para os día 3, 4 e 5 de xullo, pero agora haberá que esperar ao no que ven para poder desfrutar da ambientación histórica da vila. Antonio Fernández Angueira explicou que “a decisión ven motivada polas recomendacións das autoridades sanitarias autonómicas e estatais, ao igual que fixeron noutros concellos nos que se celebra tradicionalmente esta feira durante o período estival”.
Por outra banda, o executivo local está buscando as claves para reformular a Romería de Santiaguiño do Monte e as actividades lúdicas previstas habitualmente en torno a esta festa, que se celebra tradicionalmente o 25 de xullo. Polo de agora, aínda non se confirmou a celebración desta festa, posto que por cautela o Concello de Padrón quere agardar a coñecer os pormenores de todas as medidas que se poidan dictar neste contexto. A prioridade do equipo de goberno é, en todos os casos, acadar a máxima seguridade dos cidadáns.