Non puido celebrarse como todos os anos debido á pandemia, pero iso non impediu a realización desta obra de arte.
As persoas que integran a Asociación de Alfombristas de Miño-Perbes desprazáronse ata Santiago de Compostela esta fin de semana para elaborar un tapiz floral conmemorativo do Corpus. Non puido
celebrarse como todos os anos debido á pandemia provocada polo coronavirus, pero iso non impediu a
realización desta obra de arte.
A Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera ( FAGAARTE) foi a encargada de organizar esta actividade, que levou a cabo nas igrexas de San Francisco e San Fructuoso.