O Concello de Noia non autorizará este ano a realización de cacharelas en espazos de titularidade pública como consecuencia das medidas sanitarias establecidas para a prevención da COVID-19 e coa intención de evitar posibles aglomeracións e garantir o mantemento da distancia social. Pola contra, poderán autorizarse cacharelas en fincas particulares, previa petición do permiso de queima nas dependencias municipais antes do 22 de xuño.
O Concello de Noia aconsella aos seus veciños e veciñas que nestas cacharelas en fincas particulares se respecten as normas sanitarias establecidas polas autoridades sanitarias para evitar contaxios. En caso de algún problema, deberán poñerse en contacto con Protección Civil Noia (981 824 222 ou 606 443 400) ou coa Policía Local (981 842 101 ou 639 836 383).