O Goberno local segue a traballar para garantirlles ás familias coruñesas as súas necesidades básicas
O concello, a través da concellería de Benestar Social, atendeu durante o estado de alarma a preto de 17.000 persoas, no que supón unha firme resposta de apoio e acompañamento do goberno municipal as
persoas máis vulnerables da cidade.
A Concellería de Benestar Social respondeu desde o primeiro momento ante a crise social. Reforzou todos os seus programas e puxo en marcha novos dispositivos para afrontar o incremento de solicitudes de axuda. O seu obxectivo é poder atender as persoas en situación vulnerable e non deixar a ninguén atrás. No seu labor, o goberno local contou co apoio de asociacións e entidades públicas e privadas, e coa
axuda das persoas voluntarias que traballaron sen descanso durante estes meses.
Voluntarias e voluntarios que atenden ás persoas que se atopan en situación de dependencia e soidade ou que teñen mobilidade reducida e non poden saír da súas casa. Ademais, colaboran na repartición de bolsas comedor e de menús e alimentos a domicilio.
A intención do Goberno local é a de seguir a traballar para garantir ás familias as súas necesidades básicas de alimentos e vivenda. A través do programa “Coruña solidaria”, incluído no Plan de Reactivación Económica e Social, (PRESCO), o Goberno local destinará un millón para emerxencia social; 250.000 euros empregaranse no programa de canguraxe e outros 250.000 euros máis destinaranse ao programa de acompañamento de persoas maiores, a través de entidades sociais. Por último, mellorarase a partida do programa de bolsa de vivenda en alugueiro con 150.000 euros máis.
Programas
-Servizo de voluntariado. Posto en marcha o 13 de marzo. 1.127 peticións de axuda. 530 participantes rexistrados.
– Liña Acompáñote. Arrinca o 31 de marzo. Conta con 31 voluntarios. 481 chamadas atendidas. Efectuáronse 54 chamadas a persoas maiores que tiñan dificultades co uso dos teléfonos.
-Servizo de Mediación en conflitos derivados da corentena. En colaboración co Círculo de Mediación Galicia (CIMEGA). Posto en marcha o 3 de abril. Vinte voluntarios e un total de 103 solicitudes atendidas.
-Ninguén atrás. Recibíronse 834 solicitudes de material escolar. Realizáronse reparticións de 29 colexios e atendéronse a 461 escolares.
-Bolsas comedor. 656 nenas e nenos dados de alta. Repartíronse 36.565 menús.
-Talón restaurante. Dispénsanse menús ás 413 usuarias/os dos 718 existentes.
-Servizo de Comida a domicilio. 536 usuarias/os na actualidade. 95 persoas foron dadas de alta con urxencia.
-Servizo de Asistencia a domicilio. Dótase ao persoal traballador de tres empresas de material de protección para que poidan realizar o seu traballo de maneira segura (4270 máscaras FP2y FP·) Un total de 911 usuarias/os en activo, 128 altas e 154 ampliacións do servizo de maneira urxente.
-Teleasistencia. 1.624 persoas dadas de alta na actualidade. 12 altas urxentes. 140 altas tramitadas.
-Dispositivo de emerxencia para persoas sen fogar.120 persoas foron atendidas no albergue habilitado no pavillón deportivo de Riazor.
-Comedores sociais. Non están abertos para comer alí, pero serven diariamente 250 menús para levar a casa.
-Equipo de atención social (EAS). Continúase co traballo ordinario dos EAS en modalidade teletraballo. Tramitáronse 15.357 expedientes entre os centros de San Diego, Labañou, Mallos, Monte Alto e Elviña. Aproximadamente o 70% destas atencións non son programadas. 4.067 atencións telefónicas atendidas nos Centros Cívicos sen EAS. Do total, 1.063 solicitudes de axuda realizáronse a través do 010. Todas elas foron resoltas ou canalizadas.
Un total de 1.809 axudas económicas tramitadas a través de emerxencia municipal, do programa A Flote, do convenio con Cáritas e unha achega económica de Padre Rubinos e Cruz Vermella.
-Renda Social municipal. Do 1/1 ao 28/5 presentáronse 66 solicitudes. A nómina de maio ten 193 rendas activas.
-Traballo en asentamentos precarios. No asentamento da Paxase fixéronse 8 reparticións de alimentos e 6 de material didáctico. No Portiño, 5 reparticións de alimentos e 3 de material escolar, e nas Rañas, 6 reparticións de alimentos e 5 de material para a cativada en idade escolar.
-Aloxamento de emerxencia. 33 persoas aloxadas. 40 habitacións alugadas en 9 hostais por un importe de 18.132 euros.
-Protocolo de Atención a posibles vítimas de violencia de xénero. Habilitáronse 13 prazas en cuartos individuais con menores.
-Reforzo Canguros a Domicilio. 2.236 horas de atención a menores por valor de 36.503 euros. 81 menores atendidos e 54 familias beneficiarias.