Friday 22 de November de 2024

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais no Porto de Pasante, no concello de Ortigueira


Este punto detectouse nunha inspección dos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia
A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais no porto de Espasante, no Concello de Ortigueira.
O vertido detectouse nunha inspección dos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia.
Tras a localización do foco contaminante, o persoal de Augas de Galicia realizou diversas inspeccións coa colaboración dos técnicos de Portos de Galicia, organismo responsable das medidas necesarias para a emenda do vertido.
Para solucionar estas carencias, a Xunta acometeu un bombeo cara a onde se canalizaron as augas residuais da confraría para o seu envío posterior á depuradora do peirao.
Nunha recente inspección, os técnicos de Augas de Galicia constataron a ausencia de vertido e contaminación.