O Concello de Ribeira informa de que o luns 15 de xuño abrirá o prazo para un novo paquete de cursos online gratuítos integrados dentro do Plan Ribeira Academy. Desta vez, serán un total de 400 as prazas dispoñibles e os cursos están dirigidos especificamente a persoas autónomas, que perderan o seu emprego durante o estado de alarma ou estean suxeitas a un expediente de regulación de emprego, xa que o obxectivo é axudarlles a que poidan mellorar a súa empregabilidade como unha iniciativa incardinada no Plan Reactiva Ribeira da que se deu conta esta mañá na Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19.
Ademais de pertencer aos colectivos antes descritos, cómpre que os participantes estean empadroados en Ribeira e teñan unha idade mínima de 16 anos.
O alumnado terá a súa disposición unha amplísima oferta de 500 cursos pertencentes a once áreas: comercio e marketing, edificación e obra civil, adminstración e xestión, hostalería e turismo, seguridade
e medio ambiente, informática e comunicacións, prevención de riscos laborais, sanidade, idiomas, servicios socioculturas e á comunidade, e artes gráficas.
O número de máximo de cursos nos que unha persoa se pode anotar son dous. As inscricións terán lugar a través da web www.ribeira2.academy, a partir do 15 de xuño e ata cubrir prazas.
Asignaranse por orde de inscrición. As persoas que finalicen a formación con resultado positivo recibirán
un diploma acreditativo.
Ampliación do mercadiño
Por outra banda, durante a Comisión se deu conta tamén dunha nova ampliación do mercadiño municipal que se fará efectiva dende mañá mesmo. Así, ademais da totalidade dos postos agroalimentarios, a explanada portuaria do Malecón contará tamén coa metade dos postos do sector téxtil, correspondentes aos números pares, mentres que os impares acudirán o vindeiro sábado. Deste xeito, os operadores pertencentes a este ramo turnaranse en quendas de catorce días coa fin de garantir as oportunas distancias de separación e o resto de medidas preventivas recollidas nos protocolos.
Oficina de Información das axudas do Plan Reactiva
Outro punto tratado na Comisión foi que a partir do martes 16 de xuño abrirá no primeira andar do edificio do mercado municipal unha oficina de información sobre as axudas aprobadas no marco do Plan
Reactiva Ribeira para paliar os efectos do COVID-19 no noso municipio.