Nas xornadas, que se celebrarán de xeito telemático, participarán Leticia Varela, concelleira de Olaría do Concello de Malpica, e Carmen Isabel Labrador, presidenta da Asociación Oleira.
A olería de Buño terá un oco no Hola Cerámica que se celebrará esta fin de semana por primeira vez de xeito telemática, debido ao estado de alarma no que nos atopamos.
Nas xornadas participarán Leticia Varela, concelleira de Olaría do Concello de Malpica,
e Carmen Isabel Labrador, presidenta da Asociación Oleira. Concretamente, a participación de ambas está prevista para o sábado, 13 de xuño ás 11:00 horas e este mesmo día ás 20:00 horas.
A edil malpicá intervirá no faladoiro ‘Cerámica y COVID-19 en los pequeños municipios, ¿cómo les ha afectado y cómo saldrán de esta? A presidenta da Asociación Oleira, Carmen Isabel Labrador, fará o propio no faladoiro titulado ‘Ferias , eventos y turismo de cerámica en tiempos del COVID-19; nuevas formas de mostrarnos, relacionarnos y de vender a nuestro público’.
Tanto Varela como Labrador comentan que ‘será sin dúbida moi enriquecedor, aínda que tremendamente anómalo participar nun evento desta magnitude a través da Internet. As circunstancias son as que son e temos que adptarnos a elas, máis nun sector como o da olaría, tan tradicional pero que semella terá que reinventarse unha vez máis’, comentan.