Os traballos, financiados pola Deputación Provincial da Coruña, consistiron no arranxo de varios muros exteriores e a renovación da estrutura do edificio de administración.
O Ecomuseo do Forno do Forte de Buño, no Concello de Malpica, aplicou varias melloras nas instalacións durante o estado de alarma.
Durante o confinamento, a actividade non estivo parada nunha das xoias culturais do Concello e os traballos, financiados pola Deputación Provincial da Coruña, consistiron no arranxo de varios muros exteriores e a renovación da estrutura da estrutura do edificio de administración, unha vivenda rehabilitada para tal fin.
En total, os traballos supuxeron un total de , e levaronse a cabo para reparar danos estruturais de base. Así, conséguese un doble obxectivo: consolidar a estrutura de varias das paredes tanto do interior como do exterior, así como unha mellora estética.
O alcalde de Malpica, Walter Pardo, e a concelleira de Olería, Leticia Varela, quixeron agradecer ‘á Deputación todas as facilidades para acadar esas melloras, nun dos emblemas culturais que temos aquí, con pezas históricas e cunha exposición que lembra o modo de vivir dos nosos antepasados’, comentaron.
Pola súa banda, o xerente do Eco Museo, Paco Doval, sinalou que ‘non estivemos parados durante o estado de alarma. Seguimos traballando en melloras e para impulsar novamente as visitas á nosa exposición dunha manera segura’, rematou.
Reactivación das visitas
O Ecomuseo do Forno do Forte retomou a actividade ‘habitual’ de visitas priorizando o sistema de cita previa, e adaptando as instalacións ao contexto sanitario que se está a vivir.
Así, a sinalética amosa en todo momento o aforo máximo permitido en cada sala, e os carteis colocados estratéxicamente ao longo de todo o recinto lembran da obrigatoriedade do emprego da máscara sanitaria, así de como, na medida do posible, se deberá gardar unha distancia mínima de seguridade.