Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Camariñas comeza os traballos de reurbanización das rúas Río do Cura e Sixto, na Ponte do Porto


A actuación, valorada en 100.000 euros, permitirá pavimentar as vías e instalar unha nova rede de saneamento e de pluviais.
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, firmou hoxe a acta de replanteo previa ao inicio das obras de reurbanización das rúas Río do Cura e Sixto, na Ponte do Porto. A actuación conta cun orzamento de 96.728,3 euros e os traballos comezarán nos próximos días.
O proxecto para a reurbanización destas rúas implica a demolición do firme actual, a substitución da rede de saneamento, a instalación dunha nova rede de recollida e evacuación de pluviais e, por último, a pavimentación total das vías.
A alcaldesa, Sandra Insua, destacou que “esta é unha vía moi transitada e necesitaba dun amaño a conciencia xa que, debido ao paso dos anos, se atopaba en mal estado”.