Os operarios da empresa de limpeza Vázquez Garzón executaron na mañá de onte tarefas de limpeza na praia Grande de Miño, un dos areais máis concorridos de todo o municipio.
Segundo os propios profesionais, descargáronse ‘oito remolques completos con corda, paos e redes que quedaron depositados na area durante todo o inverno’, comentan.
O Concello de Miño continúa adecentando os espazos naturais como as súas praias, un referente en toda a comarca. Estas tarefas únense pois, ás de limpeza xa hai varias semanas na praia da Ribeira, e que continuaran ata que comece de xeito oficial o verán.