Friday 22 de November de 2024

O Concello de Padrón non ten ningún caso activo de coronavirus


En total rexistraronse 33 casos de contaxio, e un total de 30 persoas foron dadas de alta, mentres que tres persoas faleceron

O concello de Padrón xa non ten ningún caso activo de coronavirus. Segundo a última actualización dos datos por parte do Centro Médico municipal, en Padrón hubo un total de 33 casos de contaxio, pero na actualidad xa non queda ningún caso activo despois de que esta semana recibise a alta a última persoa enferma pola Covid-19 na vila. Dos 33 casos que se detectaron en Padrón ao longo destes meses, 30 persoas foron dadas de alta, mentres que tres persoas faleceron a causa da enfermidade.
Dende hai varias semanas en Padrón non se detectou ningún caso novo de contaxio, se ben continua a loita para evitar novos contaxios.

O alcalde de Padrón destacou que “esta é unha nova moi boa, e por iso a celebramos, pero sempre con cautela, posto que hai que seguir loitando contra o virus, e nos vindeiros meses será necesario reforzar as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas polas autoridades sanitarias para evitar novos contaxios”.

Probas do coronavirus
Por outra banda, o luns 8 de xuño retomarase en Padrón a realización dos test rápidos para detectar a presenza do coronavirus entre a poboación. O Concello de Padrón e o Centro de Saúde municipal instalarán a carpa na que se realizarán estas probas, na zona do aparcadoiro do PAC. Trátase de probas aleatorias que promove o Sergas, que nos últimos días estivo chamando por teléfono a todas aquelas persoas seleccionadas para realizar estes tests.