O Concello de Boqueixón e a Asociación Terras de Compostela organizaron un taller sobre ‘Medidas hixiénico-sanitarias frente á Covid-19’ dirixido ós sectores do comercio, restauración e aloxamentos turísticos. Trátase dunha iniciativa de formación que xurde para dar resposta á crise xerada pola pandemia do coronavirus. O taller celebrouse esta mañá, e os 16 asistentes recibiron un certificado acreditativo da formación impartida.
O Alcalde de Boqueixón sinalou que “a vocación do Concello é ser útil, especialmente nestes momentos tan complicados. O noso obxectivo é axudar aos nosos veciños a superar as consecuencias da crise da Covid-19”. Da man dos expertos, neste taller abordaronse os posibles escenarios que se plantean e profundizouse nas medidas hixiénico- sanitarias que se deben implantar para que estes negocios sexan o máis seguros posibles fronte á Covid- 19.