Ao acto de reapertura, que terá lugar ás 10:30 horas, acudirán a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, a concelleira de Benestar Social, Maria José Pose e os técnicos de Turismo e Museos Manuel Rial e Ángel Arcay.
O castelo de Vimianzo abrirá as súas portas mañá por primeira vez desde que se decretase o estado de alarma o pasado 14 de marzo.
Desde o Castelo de Vimianzo adaptouse un plan de continxencia para acatar as medidas do Ministerio de Sanidade, con principal novidade a creación dun ‘itinerario seguro’ para que o sentido da marcha dentro da visita sexa único.
Ao acto acudirá a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, a concelleira de Benestar, María José Pose e os técnicos de Turismo Manuel Rial e Ángel Arcay. Terá lugar ás 10:30 horas e está previsto que a rexedora pronuncie unhas palabras.
Desde o Concello apuntan á ‘prudencia’ á hora da volta á actividade dunha das xoias patrimoniais de toda a Costa da Morte. ‘Sabemos que o máis duro pasou pero queda protexernos para non volver a vivir os momentos durísimos dos que aínda estamos saíndo’, comentan. Ademais, de martes a domingo haberá artesanía en vivo, ao que desde o Concello ‘agradecen a boa disposición de todas e todos eles’.
Cabe destacar, a modo de anécdota, que nunca o Castelo de Vimianzo estivera tanto tempo pechado ao público, nin siquera cando se tivo que intervir para realizar traballos tanto no interior como no exterior.