Friday 22 de November de 2024

O Concello de Camariñas publica dúas liñas de contratación de persoal


Consisten na creación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de operarios do servizo de limpeza e na contratación laboral temporal de 4 peóns a través do programa #PELConcellos.
O Concello de Camariñas ven de publicar no taboleiro da súa sede electrónica as bases de dúas liñas de contratación de persoal. Unha é para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación temporal de operarios do servizo de limpeza e outra corresponde á contratación laboral temporal de 4 peóns a través do programa PEL Concellos da Deputación da Coruña.
O prazo para anotarse remata o mércores 10 e os interesados ou interesadas deben presentar en Rexistro a súa respectiva instancia xunto coa documentación que se solicita nas bases, que tamén estará dispoñible na Casa de Pedra.
Desde o Concello de Camariñas recordan que os trámites poden facerse desde a sede se se conta cun certificado electrónico ou tamén pedir cita previa coa orientadora laboral no teléfono 653 260 746 ou no correo electrónico margarita.seijas@camarinas.net.