Friday 22 de November de 2024

Renovación das tarxetas de aparcamento por razón de municipio


Desde o 15 de xaneiro ata o 28 de febreiro todas aquelas persoas que teñan tarxeta de estacionamento por razón de municipio deberán aboar a taxa de 50 euros correspondente ao ano 2015. Para iso só será necesario presentar o D.N.I (ou fotocopia) do propietario do vehículo. De non facer o abono no prazo establecido a tarxeta será anulada.

O pago efectuarase na empresa Setex Aparki S.A. en Avda. Lugo, 4, en horario de luns a venres de 10 a 14 e de 16,30 a 20,30 horas e sábados de 10 a 14 horas.