Friday 22 de November de 2024

O Concello inicia as obras previstas na rúa Xardín


Incluídas no Plan DTC 93, abranguen a instalación de canalizacións pluviais para auga potable e a construción de beirarrúas e o arranxo da estrada
O Concello de Ordes está a realizar estes días obras de mellora na rúa Xardín, no casco urbano da vila ordense. Unhas intervencións englobadas dentro do Plan DTC 93 da Deputación da Coruña e que suporán un investimento aproximado de 20.000 euros.
Ao longo dun tramo de arredor de 150 metros de lonxitude instalarase unha nova canalización da rede pluvial, ademais de tubaxes para auga potable, a construción de beirarrúas e a aplicación de conglomerado no tramo de estrada destinado á circulación de vehículos.
Segundo estimacións as obras estarán rematadas nun prazo de tres semanas.