Friday 22 de November de 2024

O Concello reactiva o prazo de presentación de obras para o Certame de Poesía, que estará aberto ata o 23 de xuño


 

O Concello de Carral acaba de reactivar o prazo de presentación de obras para participar no XXIII Certame de Poesía Concello de Carral, que estará aberto ata o 23 de xuño do 2020. Por mor da crise sanitaria provocada polo COVID-19, o goberno local tivo que suspender o prazo previsto nas bases desta edición.

A data do acto de entrega do premio farase pública cando o xurado elixa ao autor ou autora gañador gañadora. Así mesmo, terase en conta e aplicaranse as medidas das autoridades sanitarias competentes, obrigadas segundo a evolución da crise sanitaria polo coronavirus.