No pleno do 28 de maio os populares non votaron en contra da moción dos nacionalistas sobre comercio local, senon que se abstiveron por non presentar a proposta na comisión informativa
Nos últimos meses o equipo de goberno de Padrón afanouse por axudar á poboación da vila para superar a crise derivada da pandemia da Covid-19, non só en materia de sanidade e seguridade senon tamén no plano económico.
De feito, o pasado 28 de maio no pleno da corporación local, o equipo de Goberno presentou propostas para axudar de forma directa ao comercio e a hostelería. Porén dende o BNG aseguran que os Partido Popular votou en contra dunha moción presentada para impulsar o comercio local, cando en realidade o grupo que goberna en Padrón abstivose na votación desta moción, que os nacionalistas presentaron por urxencia e no último momento. Baixo a perspectiva dos populares, esa moción tiña que presentarse na
comisión informativa previa á sesión plenaria para poder debatila, xa que ademais moitas das propostas que incluía xa son parte do Plan de dinamización que elaborou o Goberno local.
Plan de dinamización da economía local
O executivo de Padrón comezou esta semana unha rolda de contactos cos empresarios locais para deseñar un Plan de dinamización a súa medida. Á primeira reunión asistiron comercio e hostelería, e as seguintes plantexanse cos comerciantes da Praza de Abastos, con Empresas de Turismo Activo e diferentes asociacións da vila. Como explicou a titular de Turismo no Concello de Padrón, Lorena Couso, “esta foi unha primeira toma de contacto, pero seguiremos insistindo nestes encontros para recoller todas as aportacións e ideas dos empresarios do sector hosteleiro e do sector turístico”. O Plan de dinamización articulado polo departamento que dirixe Lorena Couso é un plan vivo que busca potenciar o turismo de proximidade e o consumo de proximidade.
Neste contexto e no marco desde programa, o Concello de Padrón aprobou en sesión plenaria que todos aqueles establecementos hosteleros aos que se les autorizase ou autorice o uso de espazos públicos con mesas, cadeiras e toldos con finalidad lucrativa, quedarán exentos durante o 2020 do pago das taxas correspondentes. Pola súa parte, a campaña para dinamizar os sectores hosteleiro e turístico para paliar os efectos da cris da Covid-19 xa está en marcha a través de accións como a entrega de 115 biombos protectores de cristal templado, a creación de #PadrónVolve en redes sociais, a posta en marcha de ‘Cultura na Rúa’, a axuda á instalación de medidas hixiénico-sanitarias nos establecementos comerciais.