Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Muxía adherirase ao pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía


Foi un dos puntos aprobados no pleno celebrado esta semana.
O Concello de Muxía adherirase ao pacto dos alcaldes polo Clima e a Enerxía. Foi un dos puntos aprobados no pleno celebrado esta semana.
No Pacto Eurpeo dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía agrúpanse miles de gobernos locais que de forma voluntaria comprométense a implantar os obxectivos en materia de clima e enerxía da UE.
O lanzamento do Pacto dos Alcaldes nace co propósito de reunir aos gobernos locais que voluntariamente se comprometeron a acadar e superar os obxectivos da UE en materia medioambiental.
A iniciativa non só introduciu un enfoque innovador nas accións relacionadas co clima e a enerxía, senón que o seu éxito superou enseguida todas as expectativas.
A iniciativa inclúe agora máis de 7000 autoridades, entre as que se atopa o Concello de Muxía, onde se aproveitará a experiencia para desenvolver favores clave de cooperación e asegurando un patrón de actuación directamente impulsado polo contexto.
O alcalde, Iago Toba, quixo destacar o ‘compromiso da nosa administración nun tema tan relevante como o medioambiental, xa que o futuro do noso planeta depende das accións que impulsemos hoxe, sin agardar a mañá’, sinalou o rexedor.