Sunday 24 de November de 2024

Votacións do pleno


 

Ratificación do Decreto da Alcaldía 163/2020, de data 27 de abril de 2020, referido á aprobación tras a súa corrección de dous proxectos de obra incluídos no POS+ 2020 da Deputación Provincial: aprobado cos votos a favor de PSOE e PP e a abstención do BNG.
Aprobación do Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais do Concello de Camariñas: aprobado por unanimidade.
Aprobación provisional (2a) da Modificación Puntual no 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal: aprobado co voto a favor do PSOE e as abstencións do PP e BNG.
Recoñecemento extraxudicial de créditos: aprobado co voto a favor do PSOE e a abstención de BNG e PP.
Moción do BNG relativa ás reivindicacións das enfermeiras eventuais en loita: aprobada cos votos a favor de PSOE e BNG e a abstención do PP.
Moción do BNG sobre a derogación da Lei Montoro: aprobada cos votos a favor de PSOE e BNG e a abstención do PP.