Abordaranse estes puntos na sesión do Pleno celebrada no Centro Cívico onte.
O Concello de Malpica celebrou onte unha sesión plenaria de maneira presencial no Centro Cívico malpicán, gardándose en todo momento as distancias de seguridade e medidas hixiénicas pertinentes.
Aprobáronse as ratificacións das resolucións de alcaldía referentes aos traballos de mellora da accesibilidade na Casa do Concello de Malpica de Bergantiños, así como as intervencións en Camiño do Río para separar pluviais e pavimentar de novo a contorna.
O alcalde, Walter Pardo, recalcou da importancia de que ‘estes traballos comecen canto antes, xa que supoñen melloras nas que levabamos traballando varias semanas’, destacou o edil.