Thursday 21 de November de 2024

O Concello de Miño reactivará este martes o servizo municipal de podoloxía


Xa se pode pedir cita a través da liña habilitada de Servizos Sociais.
O Concello de Miño reactivará leste mesmo martes o servizo municipal de podoloxía, para o cal xa se pode pedir cita previa nos teléfonos habilitados 981 784 405 e 981 782 659. Desde o consistorio
apuntan a esta nova ‘apertura’ como “un momento propicio para volver ofrecer servizos indispensables
a todas e todos os nosos veciños dos que tiveramos que prescindir desde a declaración do estado
de alarma’.
O de podoloxía é un dos servizos que se ofrecen aos veciños, e e cal se entende como ‘unha
necesidade básica’ que ha de cubrirse ‘para todas as persoas que presenten problemas importantes a nivel articular, óseo ou mesmo cos problemas usuais que poden presentar esta parte do corpo’.

Adxudicación de postos para a praia
Así mesmo, o Concello de Miño anunciou esta mañá a reapertura do proceso de solicitudes para a
adxudicación dos quioscos, postos de comida, food- trucks e escola de pádel-surf, poderán facerse desde
o vindeiro luns, 1 de xuño, ata as 14:00 horas do 3 de xuño.
As persoas interesadas deberán presentar no Rexistro de Entrada presencial do Concello a solicitude ao
posto correspondente, xunto con copia do DNI ou CIF, a oferta económica e o xustificante de ingreso para responder do mantemento da oferta económica.
As bases de licitación, xunto cos impresos de solicitude e o modelo de oferta, estarán expostas no
taboleiro de edictos sito na Casa do concello, así como na sede electrónica municipal.