O Concello de Camariñas decidiu retomar a próxima semana os mercados ao aire libre en todo o municipio. Levaranse a cabo do seguinte xeito:
– Luns: Camelle.
– Mércores: Camariñas e Ponte do Porto.
– Sábado: Camariñas.
– Segundo domingo de mes: Ponte do Porto.
– Último domingo de mes: Ponte do Porto.
Nestes espazos garantirase que se cumpren as medidas de distanciamento social, protección e hixiene tanto para os produtores como para a clientela. Os postos estarán o suficientemente separados entre si e haberá xel hidroalcóholico a disposición.