Abordaranse na mesma as ratificacións das resolucións de alcaldía referentes aos traballos de mellora no acceso da Casa do Concello e da separación de pluviais e nova pavimentación en Camiño do Río.
O Concello de Malpica celebrará esta tarde unha sesión plenaria de maneira presencial no Centro Cívico malpicán, gardándose en todo momento as distancias de seguridade e medidas hixiénicas pertinentes.
Será ás 20:00 horas da tarde e abordaranse as ratificacións das resolucións de alcaldía referentes aos traballos de mellora da accesibilidade na Casa do Concello de Malpica de Bergantiños, así como as intervencións en Camiño do Río para separar pluviais e pavimentar de novo a contorna.
Neste Pleno, a concelleira de Promoción Económica do Concello de Malpica, Tamara Torrado, renunciará de xeito oficia ao seu posto como edil, debido a problemas “estritamente persoais que se antollan incompatibles co desempeño de cargo público”, destacou.