Friday 22 de November de 2024

A Xunta realiza unha nova entrega esta semana aos concellos da comarca de Ferrolterra de 9.900 unidades de material de protección para facer fronte á covid-19


Enviouse unha nova partida de 3.600 luvas, 6.000 máscaras e 234 traxes antisalpicaduras
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou dun novo reparto de material de protección realizado esta mesma semana. Por unha banda, retomáronse os envíos de Epis aos concellos e por outro realizouse, como todas as semanas, un novo envío de material de protección ás residencias e entidades sociais da comarca de Ferrolterra.

A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos da área de Ferrol. Neste caso a partida inclúe 6.000 máscaras, 3.600 luvas, 234 traxes antisalpicaduras e 67 pantallas faciais. En total, enviouse aos concellos da área de Ferrolterra 9.900 unidades de protección esta semana.

Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.

Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.

Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.

Ademais, desde a Xunta realizouse tamén o noveno envío de material de protección a 17 residencias e entidades sociais dos concellos da área de Ferrolterra, concretamente a centros de Fene, Ferrol, Mañón, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño. En total, 24.384 Epis. Enviáronse as residencias e asociacións ferrolás, 13.900 luvas, 10.181 máscaras e 303 traxes antisalpicaduras.