Desde a administración local queren mandar esta mensaxe alentadora, pero con respecto coa crise sanitaria que agora comeza a mitigarse, cun vídeo inspirador.
O Concello de Muxía lanza un vídeo promocional nas súas redes sociais poñendo en valor o seu territorio e facendo unha chamada á prudencia, de todas e todos os seus veciños. A campaña, baixo o lema “Volvemos para quedarnos”, servirá para marcar a pauta dun comezo da tempada estival que semella inminente.
Desde a administración local queren mandar esta mensaxe alentadora, pero sempre con moito respecto coa crise sanitaria que agora comeza a mitigarse.
Así, durante pouco máis dun minuto, pódense ver planos das postais máis destacadas do territorio muxián, así como das rúas, nas que xa volta a atisbarse a actividade dentro desta fase 2.
“Levámoste sempre no corazón. Pero tivemos que quebrarnos. Tivemos que separarnos de ti para que puideses sanar; para que nós puidesemos facelo e para volver a sentirte”, comeza a escoitarse nesta peza audiovisual, que continua destacando o “suficiente respecto que lle temos a todo esto como para non querer volver a separarnos de ti, Muxía”.
Finalízase coas verbas que simbolizan a campaña, “volvemos para quedarnos”, e coa que se expresan as ganas de “volver a sentir Muxía, así como o desexo de non volver a “separarnos de ti”.
O alcalde, Iago Toba, destacou o “excelente comportamento de toda a veciñanza, así como que hai que actuar con moita prudencia durante esta fase 2, e tamén na 3. Veñen meses moi importantes para Muxía, e por iso queremos destacarnos como un lugar de destino seguro”, destacou o rexedor.