Será mediante cita previa e poderase acudir ao espazo municipal de 10:00 a 13:30 horas.
O Concello de Malpica volve a abrir a biblioteca municipal co servizo de préstamo logo da declaración do estado de alarma o pasado 14 de marzo.
Poderase acoder mediante cita previa en horario de 10:00 a 13:30 horas. Haberá dispoñible na entrada xel hidroalcólico e os libros devoltos deberán entregarse nunha bolsa pechada, para a súa posterior posta en corentena, tal e como marcan os protocolos.
Tal e como se vén advertindo desde a semana pasada, será imprescindible empregar mascarilla sanitaria, e queda prohibido polo momento o uso dos ordenadores. Os teléfonos de contacto son o 981 70 71 04 e o 696 16 11 87.