Friday 22 de November de 2024

Reunión do goberno local (apertura das praias) en Camariñas


O goberno local do Concello de Camariñas mantivo onte, sábado 23 de maio, unha reunión presencial na que se trataron diversos asuntos:

1️⃣ Xa se poderá volver a desfrutar das nosas praias a partir de mañá, 25 de maio:
➡️ Colocaranse uns carteis explicativos na entrada de cada areal indicando as medidas que deben adoptar os bañistas (distanciamento social, uso de mobiliario, etc.).
➡️ Reforzarase a limpeza nos meses de máxima afluencia.
➡️ Proximamente iniciarase o procedemento de contratación de socorristas habitual.
➡️ É imprescindible a responsabilidade individual, respectando as distancias e extremando as medidas de hixiene.

2️⃣ A organización do campamento de verán:
➡️ Abrirase a preinscrición nos proximos días.
➡️ Terán prioridade as familias con necesidades de conciliación laboral.
➡️ Aplicarase un protocolo estricto e formaranse grupos moi reducidos.

3️⃣ A solicitude á Xunta de Galicia para obter a concesión da captación da auga veciñal da Ponte do Porto.

4️⃣ A colaboración coas comisións de festas.

5️⃣ A apertura dos mercados municipais.