Friday 22 de November de 2024

O Concello de Miño leva a pleno a aprobación inicial da regulación do réxime interno da escola infantil


Será un dos puntos para tratar no pleno do martes, que se celebrará de maneira telemática a partir das 18:30 horas.
O Concello de Miño levará a pleno a próxima semana a aprobación inicial da regulación do réxime
interno da escola infantil municipal “A Ceboliña”. Será un dos puntos para tratar no pleno do martes,
que se celebrará de maneira telemática a partir das 18:30 horas.
Desde o goberno local crese “conveniente un cambio máis amplo para adaptar esta regulación ás
normativas de aplicación, reformándoo en todo o seu articulado e actualizándoo nos obxectivos para
alcanzar, véxanse a regulación do réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos
programas e dos centros de servizos sociais”, destacan.
Este servizo organízase desde o Concello de Miño para garantir o acceso a uns servizos de educación
e coidados de calidade na primeira infancia, e intervir na regulación do seu réxime interno é
fundamental para conseguir o éxito na aprendizaxe dos menores, a súa integración social, o seu desenvolvemento
para o futuro e para permitir ás familias unha maior conciliación entre a responsabilidade familiar e a
laboral.
O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, apunta que “un servizo fundamental como o da nosa escola
infantil municipal necesitaba unha revisión para mellorar a súa regulamiento de réxime interno. Elaboramos
un novo documento dunha forma meticulosa que servirá para optimizar a prestación deste
servizo”, comenta o rexedor.