Abre unha nova convocatoria para os establecementos que non puideron beneficiarse da primeira achega, na que se entregaron máis de 300 “kits de arranque”
O Concello de Noia, tal e como se acordou na Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19 da que forman parte todos os grupos políticos municipais, vén de abrir unha nova convocatoria dos “kits de arranque” para colaborar co sector comercial no proceso de reapertura. Uns “kits” compostos por dúas máscaras FFP2 KN95, dúas pantallas de protección facial e unha garrafa de solución hidroalcohólica.
Despois de entregar máis de 300 packs deste tipo entre os establecementos que abriron as súas portas durante a Fase 1, o Concello de Noia acordou facer unha segunda convocatoria “dirixida a aqueles establecementos de Noia que non tiñan encaixa na primeira achega como, por exemplo, os locais que estiveron abertos durante o confinamento”, explica o alcalde, Santiago Freire Abeijón.
Poderán acceder a estas achegas aqueles establecementos inmatriculados no IAAEE do Concello de Noia independentemente do momento da súa apertura ou de se tiveron ou non que pechar durante o confinamento. Así, entre os beneficiarios inclúense establecementos e locais comerciais polo miúdo, concesionarios de automoción, establecementos e locais nos que se presten servizos profesionais, centros de xardinería e viveiros de plantas, concesionarios de xogo público de ámbito estatal, establecementos de hostalería e restauración e hoteis e aloxamentos turísticos. Seguen quedando excluídas as grandes
empresas e os establecementos que teñan carácter de centro ou parque comercial.
Presentación de solicitudes
Para participar nesta convocatoria será preciso cubrir o modelo de instancia publicado no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Noia e presentalo antes do 29 de maio, ben persoalmente no Rexistro, ben a través da propia sede electrónica. Para facilitar este trámite, consideraranse validamente presentadas aquelas solicitudes realizadas na primeira quenda e que quedaron fora por non estar incluídas entre os beneficiarios desas subvencións.
En total, o Concello de Noia habilitou unha partida de 30.000 euros para facer fronte a estas dúas fases dos “kits de arranque” entre o sector comercial da vila. Ás máis de 300 entregas realizadas na primeira fase sumaranse as 250 previstas nesta segunda, ampliables se fose necesario. O material poderase recoller no salón de Plenos da Casa do Concello durante as próximas semanas.
do Concello de Noia, reunida esta semana, centrouse nas medidas a adoptar para facilitar a reapertura dos distintos establecementos do municipio. Unha reunión presidida polo alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e na que participaron os voceiros de todos os grupos políticos municipais (Partido Popular, PSOE, Marea Cidadá de Noia, NOIA e BNG), que presentaron interesantes propostas e iniciativas para facilitarlle á veciñanza de Noia o proceso de transición cara a nova normalidade.
O alcalde noiés informou de que, tras repartir máis de 300 "kits de arranque" entre o sector comercial e hostaleiro, permitirase un prazo adicional para subsanar erros ou achegar máis documentación. “Paralelamente acordouse abrir unha nova convocatoria dirixida a aqueles establecementos do municipio que non tiñan encaixe nesta primeira achega de pantallas protectoras, máscaras e xel hidroalcohólico, un desinfectante eficaz ao posuír máis dun 61% de alcohol”, explica Freire Abeijón.
As bases desta nova convocatoria faranse públicas nos próximos días, pero a intención do
Concello de Noia é que poidan participar desta vez aqueles establecementos que si se mantiveron abertos durante a corentena e que tamén precisan agora de medidas de protección tanto para os seus empregados como para os clientes.
Propostas
Así mesmo, os cinco grupos políticos municipais achegaron as súas propostas para establecer novas liñas de axudas para apoiar a recuperación no municipio. Unha destas medidas que se vai levar a cabo será establecer unha liña de axudas ou bonificacións a aquelas empresas de Noia que invistan en mamparas, identificadores de seguridade, dispensadores de xel, limpeza de material… e outras medidas de protección tanto para os/as seus clientes como para as persoas que traballan no establecemento. Os requisitos desta nova liña de axudas desenvolveranse nunhas bases que se darán a coñecer o antes posible.
Santiago Freire agradeceu a colaboración e as distintas propostas que están a achegar os responsables dos grupos municipais que forman parte desta de Seguimento da Evolución do COVID-19. Unhas propostas que seguirán sendo estudadas e debatidas no seo desta comisión na busca de acordos como o destas axudas á compra de material de protección.