A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo destacar que “supón unha achega importante para as familias de Vimianzo, e un pulo nestes tempos que estamos a vivir”.
O Concello de Vimianzo convoca unha liña de axudas por nacemento, adopción e acollida para as familias. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vimianzo, establecéndose un prazo exepcional para os nenos e nenas nados entre o 1 de outubro de 2019 e o 31 de maio de 2020, ambos inclusive.
Os beneficiarios serán os pais, nais e /ou tutores legales de nenas e nenos nacidos, adoptados ou acollidos polas familias vimiancesas durante o período que abrangue desde o 1 de outubro de 2019 ao 31 de decembro de 2020.
A finalidade desta liña de axudas é contribuír a sufragar os gastos derivados dun nacemento, adopción ou acollida, e suporán un total de 9.000 euros para toda a convocatoria.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo destacar que “supón unha achega importante para as familias de Vimianzo, e un pulo nestes tempos que estamos a vivir”, apunta a rexedora.