Saturday 23 de November de 2024

O alcalde de Muxía reúnese cos percebeiros da localidade para escoitar as súas propostas


A xuntanza tivo lugar na Casa do Concello durante a tarde de onte.
O alcalde de Muxía, Iago Toba, reuníuse cos percebeiros da localidade para escoitar as súas propostas e coordinar unha estratexia combinada que permita unha mellora nas condicións laborais do todas e todos eles.
A xuntanza tivo lugar na Casa do Concello durante a tarde de onte. O rexedor muxián valourou esta reunión como “tremendamente positiva porque nos permitiu achegar en primeira persoa as necesidades básicas dun sector tan castigado como o do percebe e tomar nota para poder elaborar unha estratexia conxunta e palir así os efectos da crise económica que non fixo máis que comezar”, apunta o edil.
O rexedor, seguindo esta línea, manterá unha reunión coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana para tratar este tema e outros do sector. Iago Toba quixo agradecer a atención prestada pola Conselleira ante esta situación: “Creo que temos que remar todos xuntos na mesa dirección para encontrar solucións a este problema. Agradezco a disponibilidade que amosou a Conselleira e confío na súa boa intención”.
Respecto ao conflito vivido esta semana entre traballadores do sector, o rexedor muxián destacou que “defenderei en calqueira foro e ata o derradeiro momento os intereses dos nosos percebeiros. Trátase dun sector moi castigado pola crise e os vindeiros meses serán clave para todas e todos eles.” O rexedor remarcou que “son un sector fundamental para a vida económica do noso pobo, e temos que estar ao
seu carón”.